Site icon Crónica3.com A Mariña

Grandes ofertas e descontos no Black Friday de Acisa Ribadeo, que se celebra do 27 ao 29 de novembro en 35 comercios asociados

 Ribadeo, 25 de novembro de 2020. Trinta e cinco establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofreceran interesantes promocións e descontos durante o Black Friday, que o colectivo empresarial celebra os días 27, 28 e 29 de novembro.
Desde a presidencia de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “como ben sendo habitual Acisa celebra o Black Friday, con grandes descontos e con participantes de moitos sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, mercerías e lencerías, tallas grandes, xoiaría, bebés, complementos ou agasallos. Estes descontos e promocións estamos seguros de que chamarán a atención dos clientes e farán que desfruten do Black Friday no comercio da nosa vila, sen ter que recorrer ás plataformas de venta online. Como sempre facemos, tamén co Black Friday, queremos recordar a importancia que ten mercar en Ribadeo, e mais un ano coma este no que nos atopamos”.
Iriarte Quintana dixo que “como ven sendo habitual desde a asociación sacámoslle proveito aos domingos, xa que en moitos sitios o domingo xa non se celebra o Black Friday por que non se abre, pero en Ribadeo si, algo co que marcamos a diferenza e que o cliente pode aproveitar tamén esta vindeira fin de semana”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou que “facémolo todos os anos, pero neste Black Friday queremos animar á xente especialmente a que faga as súas compras no comercio de Ribadeo. Estamos a vivir tempos difíciles e necesitamos que a xente aposte polo local. Ademais este ano non ai escusas, o noso Black Friday de tres dias, coincide coa campaña das panchas, na que por cada 30 euros regalámosche 10, é dicir recibes 40 panchas, e coincide tamén coa campaña do Rasca e Gaña de Acisa na que por cada compra poden tocarche un dos 1.500 premios distribuídos nos locais participantes entre o 18 de novembro e o 18 de decembro. En resumo podes ir a unha tenda, mercar algún agasallo de Nadal que xa teñas pensado, que che apliquen un 20, 30 ou 50% de desconto, pagalo con panchas e se tes sorte saír da tenda cunha cea gratis, unha botella de viño ou outro desconto para outra tenda. Non vexo maior oportunidade ca esta. E se por o que fora non podes vir a Ribadeo ou non che apetece saír, podes comprar por internet, pero facéndoo no comercio local a través da nosa plataforma de venta online www.ribadeocercadeti.es”
Os establecementos participantes no Black Friday de 2020 son: Ginzo Hombre -Mujer, Lencería Torviso, Sendín Electricidad, Xeito Decoración, R23, Julia Moda Infantil e Lencería, Opticalia, Mercería Vizcaya, Dandara, For Friends, Pequerrechos, Terra Branca, Pepa Peineta, La Moda Joven, La Moda Sport, Saia, Boutiques Valentina e Del Río, Óptica Carreira, Mika, La Moda Mujer, La Moda Básico, Adele, Boutique Pippol´s, Xardineo, Nana, Siñeiro Hogar, Bimba, Beep, Farfala Kids, Anais, Susana Moreira, Fauna, Miss-tic e Glass”.

Exit mobile version