Neste contexto, Gonzalo Caballero reclamou á multinacional que “deixe a chantaxe” e leve a cabo a venta da planta lucense ao investidor interesado ou á propia SEPI, unha opción xa formulada polo Ministerio de Industria.
“Alcoa ten que poñer fin á súa estratexia de desmantelar a factoría de San Cibrao para reducir a súa competencia na produción de aluminio”, incidiu o líder do PSdeG, quen valorou que a decisión xudicial, unida á fronte común do Goberno de España e a Xunta, ten que servir para “manter toda a presión” sobre a empresa.
E é que, como dixo, a multinacional “ten que asumir a venda dunha factoría que é viable” e para a que o Ministerio de Industria atopou un investidor interesado en “manter a actividade industrial e os postos de traballo”.