No ecuador das mesmas, o goberno munipal fai un primeiro balance público moi satisfactoria da súa repercusión e do éxito de convocatoria, facendo fincapé no elevado número de participantes
As circunstancias actuais condicionaron a súa organización, pero grazas á súa celebración online é a edición máis internacional. Ademais dun gran número de participantes de Viveiro, da Mariña e do resto de Galicia, hai participantes doutras comunidades autónomas da xeografía española e de puntos tan dispersos como Suecia, Italia, Portugal, México, Arxentina ou Brasil.
Un éxito absoluto e a mostra evidente do interese que estas xornadas xeran nos máis de 250 inscritos que poden seguir a súa programación tanto en directo como en diferido, ademais de utilizar o chat das xornadas para formular preguntas e intercambiar opinións; neste sentido, cabe destacar as felicitacións que a través do chat están a realizar á organización e aos ponentes.
O concello quere agradecer publicamente a todas aquelas persoas que fixeron posible a celebración destas xornadas, que rematan o venres; a gratitude tamén aos ponentes e participantes; e como non, á FEDAS, polo seu traballo de organización e coordinación con este concello, e os seus técnicos por facer posible esta edición on-line a través da súa plataforma.
O obxectivo, como en edicións anteriores, é dar a coñecer unha parte moi importante da historia e patrimonio subacuatico a través de grandes expertos en arqueoloxía marítima, unha disciplina que cada vez atrae a máis personas e cuxa difusión é fundamental para lograr a implicación necesaria que garantice a gran riqueza arqueolóxica subacuática existente.
Lembrar que a ría é un bo exemplo neste eido, dado os pecios que hai afundidos nela. Nestes catro anos de historia, o Concello de Viveiro conseguiu consolidar unhas xornadas de repercusión internacional.