Site icon Crónica3.com A Mariña

Este luns, parte do profesorado do Colexio Martínez Otero de Foz formouse nas técnicas de RCP, con especial atención ao uso do desfibrilador semiautomático

O curso de formación, de carácter acreditativo, foi impartido por Carmen Pernas (médica especialista en familia e formadora). Ademais, desde o curso pasado, o Colexio Martínez Otero é un centro cardioprotexido, grazas a unha campaña impulsada pola ANPA do Colexio e que contou cunha gran acollida entre as familias. O profesorado do Colexio, nestes tempos máis que nunca, preocúpase, aínda máis, pola saúde e o benestar do noso alumnado.

Exit mobile version