Os populares consideran un que se trata dunha normativa que ataca directamente á comunidade educativa, pois miles de familias verán cortados os seus dereitos á hora de escoller o sistema educativo que desexan; rexeita o pluralismo ao apostar só polo ensino único e polo modelo único; non favorece a educación inclusiva; permite ás administracións decidir a que colexio van a ir os rapaces e supón un prexuízo con certas asignaturas. É o caso da de Relixión, da que máis de tres millóns de alumnos optan voluntariamente por esta materia; “o que supón un verdadeira demanda social”, engade Elena Candia.
Por este motivo, a máxima mandataria dos populares da provincia sinala que “quixemos estar cos pais e nais e con todos os profesionais que traballan na educación concertada. Este Goberno recorta os seus dereitos e isto non se pode permitir. Que saiba o Executivo de Pedro Sánchez e de Pablo Iglesias que nos teñen e nos terán en contra”.