Site icon Crónica3.com A Mariña

Desde esta semana o Concello de Alfoz xa é un espazo cardioprotexido

Recentemente adquiriuse un desfibrilador semiautomático e esta semana recibiron a correspondente formación para o seu uso o persoal dos diferentes departamentos do concello, así como o conserxe do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro, o concelleiro de xuventude e deporte, asociacións e festas César Marrube, o presidente o CD Alfoz, Jacobo Val e a presidenta do AC Río Ouro, Pilar Fernández. O DESA, que está na Casa do Concello, conta cunha mochila para facilitar o seu transporte seguro a calquera lugar no que se considere necesario.

Exit mobile version