O voceiro do PP ribadense sinala que “están comprometidos 5.000 euros para levantar este muro, unha vez remate todo o proceso de tramitación administrativa, os permisos das distintas administracións, que xa está iniciado”.
O voceiro explica que “tratamos de dar solución, deste xeito, a unha das problemáticas que nos trasladaron ao Grupo Municipal Popular dende a asociación de Arante: o do muro de diante da igrexa parroquial que leva caído dende fai moitísimo tempo”.
“Esta reunión enmárcase nas que mantemos coas asociacións do rural de Ribadeo para escoitar tanto as súas iniciativas e propostas coma os seus problemas aos que tratamos de buscar solución”, conclúe Vega.