Despois de facer fronte a máis dunha lesión, Dani volve con máis ganas ca nunca ao circuíto competitivo. Centrarase, especialmente, nas probas de medio maratón e maratón, pero sen perder de vista calquera das probas de ruta ou cross. Para aqueles que non o poidan coñecer, aquí deixamos un rexistro das súas mellores marcas persoais en ruta:
5K: 15’30”
10K: 32’01”
21K: 1h09′
Desde o ‘Ría de Foz’ aledámonos moito de que Dani escolla as nosas cores para calzar as zapatillas. Coa súa incorporación, gañamos un gran atleta e unha persoa moi preparada no campo do adestramento atlético.