Lugo, 1 de novembro de 2020. “É o momento de esforzarse en achegar os instrumentos que pon en marcha o noso proxecto político dende a Xunta”. Así llelo trasladou a presidenta provincial, Elena Candia, a voceiros desta formación esta mañá nunha reunión que mantivo de forma telemática, e logo de coñecer “as insuficientes contas” que o Goberno central destina á provincia en 2021.
Convencida de que “son as peores dende 2018 e de que repercuten negativamente de xeito directo aos autónomos, dado que os ingresos son derivados da suba de taxas”, a dirixente dos populares considera, “máis necesario ca nunca, facer pedagoxía e explicar a este colectivo todas as achegas e proxectos que impulsa o Goberno de Feijóo en Lugo.
Iniciativas útiles e para as persoas
No marco desta “estratexia conxunta”, Elena Candia adianta que “levararemos aos Concellos onde non gobernamos, iniciativas e propostas útiles que terán no centro as persoas”.
“Son uns Orzamentos cativos e que sacrifican os grandes proxectos previstos para a provincia. Dende o PP non imos quedarnos cos brazos cruzados. Agardamos que se suban ao noso carro as outras forzas, xa que se realmente teñen unha vontade de servizo aos lucenses, é o momento de presionar para corrixir este agravio”, conclúe.