O popular, acompañado da coordinadora do rural, Monte Seijo, e doutros membro do Grupo Municipal, supervisou os traballos levados a cabo nestes dous camposantos, e que consistiron no arranxo do muro e dos corredores interiores da segunda parroquia e na mellora da situación de perigo que presentaba tamén o muro da primeira.
Trátase, por tanto, dunha nova colaboración da administración autonómica que Vega quere por en valor, pois ten unha repercusión directa na veciñanza. “Nestas datas son moitos os que nos desprazamos ata estes lugares. Por iso, é importante que os espazos onde residen os restos dos nosos seres queridos estean en boas condicións. Son dúas obras que non son unha cuestión menor e que se enmarcan, destaca, na nosa folla de ruta de seguir establecendo alianzas que se traduzan en obras para a nosa vila”.