Site icon Crónica3.com A Mariña

Arrancan en Mondoñedo os traballos de aglomerado da estrada que une Lindín con Santa María Maior

 Lugo, 3 novembro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, responsable directo da área de Xestión Territorial, informa de que este martes arrancaron os traballos de aglomerado na estrada provincial LU-P-3103, en Mondoñedo, unhas obras que forman parte do proxecto de rehabilitación do firme da vía entre os quilómetros 7,3 e 8,1, no que a institución provincial inviste preto de 30.000€.

A LU-P-3103 é a que une a parroquia de Lindín coa de Santa María Maior e que dá acceso á LU-124 e ao ramal ao Campo do Castro. Esta vía é utilizada pola veciñanza da contorna para desprazarse aos distintos núcleos de poboación, tamén polos que teñen gando nesta zona e os empregados das empresas eólicas asentadas neste territorio.

Estímase que os traballos queden rematados esta semana, se as condicións meteorolóxicas son favorables.

Exit mobile version