A) Gastos de comedor para: Estudantes de ensinos en centros públicos da Comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos, aos que se refiren as presentes bases, non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove.
Concedidas axudas por importe de 720 €.
B) Gastos de estancia para:
1. Estudantes universitarios en universidades españolas.
2. Estudantes de ciclos formativos que non existan na Comarca.
3. Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
Concedidas axudas por importe de 2.500 €.
C) Gastos de desprazamento para:
1.- Estudantes que cursen Bacharelato ou ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando ditos estudos non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove e cando o seu horario escolar non sexa compatible co bus escolar municipal.
2.- Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior.
3.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
4.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de encinos deportivos, profesionais e superiores.
5.- Estudantes universitarios en universidades españolas.
Concedidas axudas por importe de 4.800 €.
En total o Concello concedeu 8.020 € ás 35 solicitudes presentadas.