Ante o posible incremento de tránsito sanitario nas inmediacións do Centro de Día Residencia de San Cibrao nas vindeiras horas, o Comité Clínico do SERGAS acordou derivar inicialmente a 5 dos residentes que deron positivo en COVID-19 aos centros hospitalarios
redac
O obxectivo é tentar previr complicacións que se podan producir no futuro no caso destes pacientes máis vulnerables. O Concello reitera toda a forza, agarimo e apoio ás persoas usuarias do CDR, ás familias e ao persoal do Centro nestes momentos tan difíciles.