Esta segunda xornada está dirixida a axentes interesados na temática dos concellos de Ribadeo, San Tirso de Abres e a súa contorna. As persoas interesadas en participar deben inscribirse ata o 9 de novembro, inclusive, cubrindo o formulario online que aparece no enlace https://forms.gle/HUoqwSS5pKKBQZhX9.
Ao remate da xornada abrirase unha rolda de preguntas para que os poñentes poidan aclarar as cuestións que xurdan entre os asistentes. Para iso poden enviar previamente calquera pregunta ao correo electrónico lifefluvial@uniovi.es ou ben, durante a xornada, poderán facelo no chat que se habilitará ao efecto.
Nesta xornada abordaranse temas como a definición, características e marco legal dos corredores fluviais, o valor destes corredores como recurso natural, o valor cultural, social e económico, e factores de ameaza dos corredores fluviais. Tamén se presentará o proxecto Life Fluvial e as súas actuacións en corredores fluviais.