Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta intervén a residencia de maiores Asilo de Vilalba

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2020. A Xunta de Galicia vén de intervir a residencia Asilo de Vilalba co fin de reforzar o persoal do centro. Unha vez avaliada a situación da residencia, as Consellerías de Sanidade e Política Social acordaron tomar esa medida co obxectivo de garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde tanto das persoas usuarias como das traballadoras e traballadores do centro.

Un equipo da Consellería de Política Social e outro do Servizo Galego de Saúde (Sergas) están xa desprazados no centro para facer un seguimento permanente sobre a situación dos residentes, así como para vixiar a correcta aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene fronte á covid-19 aprobadas pola Xunta de Galicia. Os profesionais do Sergas tamén velarán pola continuidade dunha atención sanitaria axeitada na residencia.

A residencia xeriátrica Asilo de Vilalba rexistra, na tarde de hoxe, 114 casos positivos entre os usuarios e 18 entre os traballadores. Parte dos residentes contaxiados serán trasladados á residencia integrada posta en marcha no Cegadi, en Santiago de Compostela.

Exit mobile version