Lugo, 19 de novembro de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, presidiron hoxe a Xunta Local de Seguridade na que se renovou a colaboración das dúas administracións na loita contra a violencia de xénero. Na xuntanza, celebrada esta mañá por vía telemática, aprobouse un novo protocolo de coordinación e colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local de Ribadeo para a protección das vítimas de violencia de xénero.
Isabel Rodríguez destacou o feito de que “a renovación deste protocolo de colaboración para protexer ás vítimas á alcaldesa prodúcese nos días previos á conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller”. A subdelegada felicitou ao alcalde e ao Concello de Ribadeo pola súa implicación na loita contra a violencia de xénero, que “é un problema de toda a sociedade e no que todos debemos estar comprometidos”.
Rodríguez explicou que o novo protocolo aprobado hoxe na Xunta Local de Seguridade incorpora actualizadas as normativas e regula como será a implicación da Policía Local na protección das mulleres de Ribado que son vítimas de violencia de xénero.
O documento establece os mecanismos de coordinación entre a Garda Civil e a Policía Local na execución e seguimento das medidas xudiciais acordadas para a protección de vítimas de violencia de xénero residentes neste termo municipal.
A subdelegada informou de que a data de hoxe son 13 os casos activos no Sistema Viogen de Seguemento Integral de mulleres residentes no concello de Ribadeo, 1 de risco medio, 2 de risco baixo e 10 de nivel de risco non apreciado.
MENOS DELINCUENCIA
A Xunta Local de Seguridade analizou tamén a situación da seguridade cidadá no concello de Ribadeo.
Na xuntanza, púxose de manifesto que por segundo ano consecutivo rexístrase unha tendencia á baixa da criminalidade, xa que nos dez meses comprendidos entre xaneiro e outubro deste ano produciuse unha baixada do -7,44% no número de infraccións penais rexistradas. Foron, concretamente 199, delas 93 por delitos graves ou menos graves e 106 por delitos leves. No mesmo período do ano pasado rexistráranse 215. A subdelegada lembrou que a evolución é positiva, aínda que debemos ter en conta que 2020 está a ser un ano diferente polas restricións de mobilidade, motivadas pola pandemia, repercuten na delincuencia.
Rodríguez informou de que tamén en 2019 as estatísticas da Garda Civil reflectiran unha lixeira diminución na delincuencia en relación co ano anterior. En total computáronse no concello de Ribadeo 247 infraccións penais en 2019, un
-0,8% respecto ao ano anterior, cando se rexistraran 249. Ademais, en 2019, a Garda Civil detivo a 45 persoas pola súa presunta implicación en feitos constitutivos de delitos e investigaron a outras 46.
PLANS OPERATIVOS DE SEGURIDADE
Outro asunto abordado na xuntanza foi a marcha dos plans operativos da Secretaría de Estado de Seguridade, condicionados este ano pola pandemia do COVID-19. Por este motivo, a Garda Civil non puido realizar dez actividades que tiña programadas.
Aínda así, durante o curso 2019-2020, dentro do Plan Director para a Convivencia e mellora da Seguridade Escolar, impartíronse dúas charlas nos centros educativos de Ribadeo, nas que se abordaron temas referidos aos riscos na Internet e novas tecnoloxías e ao acoso escolar.