Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria denuncia que o Hospital da Mariña perde un servizo máis ao quedar prácticamente sen reumatóloga

 A Mariña, 10 de novembro de 2020. A Plataforma Sanitaria ven de coñecer, a través de queixas de pacientes, que a reumatóloga que había no Hospital da Mariña comezou a traballar no HULA e, de momento, está a desplazarse os luns ao Hospital da Mariña a pasar consulta, polo que a efectos prácticos pérdese outro servizo máis no distrito da Mariña.
O distrito da Mariña contaba ata hai pouco cunha reumatóloga para a atención de una poboación de uns setenta mil habitantes. Desde este colectivo sanitario denunciouse en reiteradas ocasións que era de todo insuficiente e que se precisarían dúas profesionais para que a poboación estivese mínimamente atendida. Agora coa marcha da reumatóloga para Lugo quedamos nunha situación caótica, xa que unha reumatóloga un día á semana semella una tomadura de pelo para mariñás e mariñaos.
Pacientes sen ver desde o ano 2017.
A Plataforma Sanitaria ven facendo reclamacións de pacientes, tanto nos dispositivos móbiles que creou hai un tempo (UMAR) e que neste momento están suspendidos por mor da pandemia, como individualmente e “a goteo” no resto dos días. Somos sabedor@s por este motivo, que hai pacientes de reumatoloxía sen ver desde o ano 2017. A coordinadora do colectivo sanitario, Montse Porteiro asegura que “este tempo de agarda é inadmisible e mesmo incumple toda normativa e leis de garantías, tanto se están en listas de agarda oficiais coma se están nas listas non estruturais”.
A este respecto o tamén portavoz da Plataforma, Víctor Vila manifesta que “tiñamos razón cando advertimos da perda de servizos que suporía a eliminación da área sanitaria, e que os máis e mellores servizos que profetizaba o entón delegado da Xunta non son máis que una falacia”.
Desde este colectivo esiximos ao Sergas que poña fin a esta situación de desamparo e abandono de pacientes e dote o servizo dos profesionais necesarios a tempo completo, durante todos os días da semana. Parécenos que a ampliación de espazos é moi necesaria, como así vimos mantendo desde o ano 2010, máis “as publireportaxes vendendo metros cadrados e millóns de euros non teñen ningún sentido se perdemos servizos e profesionais, máis alá de lavar a imaxe privatizadora e destrutora da sanidade pública que ten o goberno da Xunta”- conclúen.

Exit mobile version