A Mariña, 30 de novembro,
Esta plataforma sanitaria ven de coñecer e contrastar a ausencia de substitución do facultativo, polo que se constata unha vez máis a sangría de servizos que paulatinamente ven sufrindo este centro desde hai anos, e que se agrava desde eliminación da área sanitaria, como vimos predecindo desde entón. Cremos desde o colectivo, que este novo golpe para a saúde de mariñás e mariñaos provocará agardas para realización de probas diagnósticas, consultas de revisión imprescindibles e primeiras consultas para diagnosticar, inasumibles e vergoñentas, que multiplicarán as que xa había ata agora e que foron denunciadas polo colectivo en numerosas ocasións.
O portavoz da plataforma, Víctor Vila apunta que cada día que pasa a poboación da Mariña vai perdendo servizos esenciais para unha asistencia sanitaria digna e próxima e apela á xerencia do centro a que se poña a traballar na dotación axeitada de profesionais e servizos en vez de “secundar servilmente as decisións políticas da Xunta para darlle o tiro de gracia á sanidade pública desta comarca”.