Tomé Roca destacou o traballo que desenvolve o colectivo, formado por familias con nenos e nenas con discapacidade da Mariña, en favor da integración e mellora da calidade de vida dos rapaces.
A axuda da Deputación posibilita aos usuarios e usuarios asistir ao colexio de Educación Especial Edes en Tapia de Casariego. Trátase dun centro específico que recibe alumnado con discapacidade intelectual dende os 3 aos 20 anos de idade e conta con formación en infantil, educación básica obrigatoria e programas de transición á vida adulta. Ademais dispón de instalacións adecuadas ás necesidades dos alumnos, nas que traballan de forma individualizada con cada usuario en obradoiros de cociña, teatro, horta ou xardinaría, entre outros.