Barreiros, 6 de novembro de 2020. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, informa da existencia dun positivo por COVID-19 nunha persoa auxiliar de axuda no fogar que foi confirmado na mañá do mércores.
Tras realizarse probas PCR por parte do SERGAS ás persoas usuarias, o propio mércores, e ao resto de persoal que comparte servizo, na mañá do xoves, os resultados acadados son negativos. A rexedora sinala a importancia de realizar as probas con axilidade aos posibles contactos, especialmente en colectivos de risco como poden ser persoas usuarias e traballadoras de axuda no fogar, para poder actuar con rapidez no freo de posibles contaxios.
A alcaldesa fai nese sentido un chamamento “á tranquilidade e á responsabilidade” e sinala a importancia de seguir os protocolos e adoptar todas as medidas de seguridade nas relacións sociais e laborais.
Ana Ermida explica que na prestación do servizo de axuda no fogar “o Concello de Barreiros ten establecido un protocolo estrito no uso de EPIS para o persoal e tamén de utilización de máscara por parte das persoas usuarias para as actuacións que requiren contacto estreito, de xeito que se protexe tanto ao persoal municipal como ás persoas usuarias”, ao que atribúe o éxito no freo da propagación dos contaxios.
Neste sentido, a alcaldesa trasladou esta semana a todo o persoal municipal un recordatorio das medidas de seguridade no desenvolvemento da actividade laboral, así como a obrigatoriedade de levar control de acceso de todas as persoas que se atendan por parte do persoal municipal.
Ermida lanza unha mensaxe de tranquilidade e de responsabilidade a toda a poboación e insiste na necesidade de seguir cumprindo estritamente coas normas que se ditan desde as autoridades sanitarias, así como a recomendación de reducir o círculo de contacto nestes momentos nos que a virulencia dos contaxios está en alza.
A Alcaldesa de Barreiros confirma un positivo no servizo de axuda no fogar que non xenerou contaxios
A Alcaldesa de Barreiros confirma un positivo no servizo de axuda no fogar que non xenerou contaxios
Relacionado
-
Ribadeo planifica a inversión a realizar no ano 2025. Rúas, alumeado público, reforma da praza de abastos, mellora de instalacións deportivas e do auditorio municipal serán algunhas das liñas de actuación
-
A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro continúa nestes días cunha morea de actividades, concursos e sorteos
-
Rural da Vicepresidencia da Deputación dá voz á mocidade no debate sobre o futuro agrolimentario coa iniciativa A Mariña Lab, que se presentou este venres en Burela