Con respecto ao delito continuado de abusos sexuais dun adestrador cara a unha menor de idade o OMI pronúnciase totalmente a favor da vítima e denuncia este e outros casos nos que o agresor utiliza a súa posición de superioridade (xa sea de idade, posto, etc) para amedrentar á súa vítima. O Observatorio amosa o seu acordo coa sentencia da Audiencia Provincial de Lugo, que condena ao agresor a cinco anos de cárcere: o acoso non está xustificado baixo ningunha condición. Violencia é violencia, sempre, e o consentimento debe darse nunha situación de confianza e liberdade, onde non existan presións de ningún tipo.
Queremos, á vez, subliñar a importancia que ten crer nas vítimas, moitas veces soas ante a lei, desamparadas e baixo a lupa dunha sociedade que as xulga a elas e non aos agresores. Invalidar a súa
historia é condenalas novamente á violencia.