Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP ribadense denuncia o mal estado da rúa Río do Amalló

 Ribadeo, 22 de outubro de 2020. A vicevoceira do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo, Elena Sierra, denuncia “o abandono das infraestruturas municipais por parte do goberno local” e, neste caso, sinala como exemplo “o mal estado da rúa Río do Amalló”.

Sierra explica que “o abandono das infraestruturas municipais agrávase nesta rúa onde se pode facer perfectamente unha piscina en cada bache”. Engade tamén outras deficiencias coma “a falta de luz e de beirarrúas”; ademais de que “os peóns se ven obrigados no seu día a día a sortear os contedores do lixo”.

A popular sinala que “o goberno do BNG leva un ano de mandato e aínda non fixo nada de nada” de cara a mellora das infraestruturas municipais. Polo tanto, cre que é hora de que “fagan algo”. Sierra lamenta que “o señor Suárez bote a culpa aos demais, á Xunta ou á Deputación, pero que nunca recoñeza as súas culpas”. É máis, “o señor Suárez agarda que llo dean todo feito porque é o máis doado”, considera.

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular recórdalle ao rexedor do BNG que debe traballar para ofrecer os mellores servizos posibles aos veciños e, polo tanto, xestionar do mellor xeito os recursos municipais para manter as infraestruturas en bo estado. “Non se trata de investir só en período electoral”, incide.

Exit mobile version