Un medio de comunicación faise eco do anuncio do goberno municipal da licitación dun par de obras, de orzamento nada espectacular. Fernández Vázquez di: “E a alcaldesa aproveita a ocasión para asegurar que desde 2016, o seu Concello só recibiu da Administración autonómica 1.200.000 euros, tramitados, segundo asegura, ao fío da convocatoria de axudas; falta absolutamente á verdade, ata a punto de que no ano 2019, este Concello recibiu da Xunta preto de dous millóns de euros”.
Os populares destacan que a alcaldesa de Trabada, a socialista Mayra García, “ten a credibilidade que lle dan os resultados de iniciativas que estaban cargadas de propaganda e exentas de rigor e fiabilidade”. O portavoz popular sinala: “Non hai que esquecer aquel ofrecemento de casa e traballo que lanzou no seu momento e que, finalmente, só foi causa de problemas para algúns dos que intentaron acollerse a aquela convocatoria”.
Para Fernández Vázquez está claro que “García, unha vez máis, fai labor de peoa para o presidente da Deputación, na súa teima de intentar ser oposición á Xunta”. O portavoz popular destaca que sectarismo na asignación de recursos é o que practica a Deputación de Lugo, que en catro anos (2011-2015) de goberno popular en Trabada, este municipio, á marxe do correspondente a Residencia da Terceira Idade, só recibiu do organismo provincial arredor de 20.000 euros.