Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2020. A parlamentaria socialista Patricia Otero instou hoxe á Xunta a manter a unidade de acción co goberno do Estado fronte Alcoa para frear o desmantelamento da factoría de San Cibrao que acadaron logo das eleccións autonómicas. Otero presentou unha pregunta oral no Parlamento na que criticou o “intento de boicotear” a unidade por parte do Grupo Popular “con tal de poñerlle deberes só ao goberno central e eximir á Xunta”.
Otero sinalou que os socialistas “non mudamos de posición e apoiamos a iniciativa -debatida esta mañá no Parlamento- para pedirlle ao goberno central a toma de medidas e se é necesaria a intervención para a posterior venta”. Sinalou que no debate desta mañá foi incorporada unha emenda para pedir a intervención de Madrid pero impediron incorporar a proposta socialista para pedirlle á Xunta que “continúe traballando conxuntamente co Goberno do Estado”.
Advertiu que o PP “ten un serio problema cos seus portavoces de Industria, porque mentres a Xunta e o conselleiro Conde falan de unidade e de colaboración, despois os seus portavoces intentan romper a unidade entre os grupos parlamentarios con tal de non poñerlle deberes á Xunta e só ao goberno central”. Lembrou que o goberno galego “ten competencias laborais e medioambientais”, pero preferiron obvialo para “poñerlle deberes a Madrid si e á Xunta non”.
Dirixiuse ao goberno galego para que “sigan a traballar” xunto co goberno central na senda de coordinación que acadaron logo das eleccións autonómicas, e advertiu que “non se deixen entorpecer polo que plantexa algún grupo parlamentario”.
Acusou ao PP de “botar balóns fora” ao “culpar agora ao BNG e ao PSdeG”, e lamentou a “pouca memoria” que lles fixo esquecer que “xa tiñan unha solución en 2012, cando –o daquela minsitro do PP- Soria achegouse a San Cibrao e dixo que en 2013 estaría solucionado o problema”.
Patricia Otero puntualizou que “preferiamos a venta da planta antes de beneficiar a Alcoa, polo cal a intervención “non é a primeira opción”, pero subliñou que “se é necesario se que apoiamos a intervención para facilitar posteriormente a chegada dun comprador”.