Xove, 27 de outubro, 2020. O Concello está estudiando a posibilidade de crear un Centro de Día no actual Centro de COGAMI localizado na entrada de Palmeiro, moi perto do núcleo urbano de Xove. Trátase dun edifico novo, con moi boas condicións de accesibilidade, moi luminoso e un equipamento excelente; ademáis disto, dispón de amplos aparcamentos exteriores e está moi ben comunicado, cun acceso fácil á nova vía de alta capacidade.
Nestes intres o Centro ten un uso baixo, de aí que por parte do Concello se contemple a posibilidade de instalar nel un Centro de Día.
Para ver a viabilidade do proxecto, o alcalde Demetrio Salgueiro mantivo unha reunión no centro con Anxo Antón Queiruga, Pdte. de Cogami Galicia, Emma Castaño, Presidenta de A Mariña-Cogami, Victor Silva, Secretario de Cogami e José Luis Lolo, Pdte. de Cogami Lugo.
Por parte de Cogami, expuxéronse unha serie de cuestións aclaratorias previas, importantes á hora de definir a posibilidade da súa creación.
A titular do centro é a Asociación A Mariña-Cogami. Na súa creación participaron o Ministerio de Sanidade, a Xunta de Galicia, a Deputación e a Fundación Once.
Para cambiar a funcionalidade do centro e pasalo a Centro de Día, o primeiro paso sería solicitar das institucións antes citadas a autorización para realizar dito cambio.
Despois deste primeiro paso, habería que definir unha serie de cuestións por parte de Cogami e do Concello, como o número de anos que se pensa adicar o espazo a centro de día.
Habería que deixar reservado un espazo para usos da Asociación A Mariña-Cogami.
O centro está actualmente homologado pola Xunta para 21 prazas de Día. Neste sentido habería que conseguir da administración autonómica a homologación de máis prazas de Día, co fin de poder dar servizo a un maior número de persoas.
É necesario tamén facer un estudio sobre o número de persoas do termo municipal de Xove que pudieran estar interesados neste servizo. Por parte do Concello apuntouse que este traballo vaise realizar a través do Departamento de Servizos Sociais coa colaboración de Axuda no Fogar.
Con respecto á fórmula de integración do Concello neste proxecto, baralláronse principalmente dúas opcións:
Mediante a creación dun consorcio. Esta opción considerouse por ambas partes como moi ríxida, xa que os usuarios terían opción de coller paquetes de servicios pechados.
A través dun convenio. Esta fórmula é moito máis flexible, xa que permite adaptarse ás necesidades particulares que teñan os usuarios. Neste sentido, Cogami falou da súa experiencia nun centro de similares características que eles posuen en Porto do Son.
Ambas partes sairon satisfeitas da xuntanza. Toca agora porse a traballar e despexar as incógnitas e trabas que puideran aparecer para para realización deste proxecto, moi ilusionador para o Concello.