Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro felicita á surfista Lucía Martínez, tras resultar vencedora na categoría Sub 12 mixto do campionato galego xuvenil de surf, celebrado este fin de semana na praia de Caión, na Laracha (A Coruña)

Esta gran victoria súmase aos éxitos que Lucía vén recollendo nos últimos tempos, tanto a nivel galego como estatal, que son unha mostra do seu bo facer e dos que nos sentimos profundamente orgullosos. “A nosa máis sinceira felicitación para Lucía Martínez e para o seu club, o Viveiro Surfing Family, por este gran resultado”, apuntou a Alcaldesa.

Exit mobile version