Viveiro, 28 de outubro de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas de Viveiro das medidas organizativas decretadas polo Concello de Viveiro no día de hoxe ante a festividade de Todos os Santos e Defuntos, nas que se inclúen as seguintes cuestións:
Primeiro.- Establecer como horario de apertura do cemiterio municipal, dende o venres 30 de outubro ao luns 2 de novembro de 2020, ambos incluídos, de 9:00 a 21:00 horas.
Segundo.- Manter as entradas e saídas habituais ao cemiterio, establecendo a obrigatoriedade de circular sempre pola dereita tanto na entrada e na saída, como no interior do recinto.
Terceiro.- Informar da obrigatoriedade de usar mascarilla e manter a distancia social interpersoal.
Cuarto.- O aforo do cemiterio limítase ao 50%.
Quinto.- Recoméndase a presenza dun máximo de 2 persoas de forma simultánea por sepultura e cunha duración de visita máxima de 30 minutos.
Sexto.- Recoméndase que nos cemiterios parroquiais tamén se limite a presenza máxima por sepultura e o tempo da visita, nos termos referidos no punto anterior.
Por outra banda, con respecto á regulación do tráfico, infórmase a toda a veciñanza que dende o venres 30 de outubro ao 2 de novembro de 2020, ambos incluídos, a estrada do cemiterio será de sentido único de subida, saíndo polas Nogueiras cara a Pénjamo.
Dende o Concello de Viveiro, unha vez máis, solicítase de todos o estrito cumprimento das medidas establecidas polas autoridades sanitarias.