O presidente, José Antonio Zan, afirmou que aos traballadores dalles igual unha venda ou unha intervencion, mais o tempo apremia xa que o 28 deste mes é a data marcada para saber si se acepta unha cautelar do ERE. Zan incidiu na necesidade dunha actuación común goberno central/galego para evitar que as cubas paren e poder continuar coa produción.