Viveiro, 1 de outubro, 2020. Aprobada en marzo, mais continuase sen aplicárense as medidas da moción do BNG para baixar a siniestralidade na LU-862, a vía que atravesa Cantarrana e que rexistrou nos últimos anos o maior número de accidentes de A Mariña. Míriam Bermúdez destaca que é “unha travesía especialmente delicada polo denso tráfico que soporta, numerosas interseccións e áreas de estacionamento, con alta densidade residencial, comercial e zonas escolares.”
Os puntos que reflexa esta moción do BNG e que foron aprobados son os seguintes:
1.Que o Goberno Municipal reclame ao organismo competente á realización dun estudo da estrada LU-862 ao seu paso por Cantarrana, no que se estabelezan as mellores medidas para reducir a cero a siniestralidade na mesma e a dotación orzamentaria necesaria para o seu desenvolvemento.
2.Que o Goberno Municipal inste á Consellería de Infraestruturas á execución do Plan de mellora da seguridade no vial LU-862 á altura de Covas anunciado no ano 2017, incluíndo ademais neste plan a modificación dos aparcadoiros para distribuílos en espiga na travesía de Covas e así os vehículos estacionados saían de fronte ao víal.
3.Que o goberno municipal poña en marcha un sistema de xestión de solares privados dispoñíbeis na zona de Covas para utilizalos como aparcadoiros públicos provisionais, a través do comodato ou préstamo de uso.