Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz presenta no pleno unha proposta para instar a redución do IVE nas máscaras para que teñan un prezo asequíbel a toda a cidadanía

 Foz, 26 de outubro, 2020. Dende hai xa moitos meses, estes materiais básicos de protección para a cidadanía son agora obrigatorios para toda a poboación. Cando un cidadán ou cidadá adquire calquera destes produtos debe pagar 21% de IVE e ao BNG de Foz non nos parece adecuado aplicar o tipo de IVE máis alto a un ben de primeira necesidade e xa de uso obrigatorio. Coa chegada do novo curso escolar e ante a evolución da situación de emerxencia sanitaria que estamos a padecer, as familias deberán de prover de máscaras os menores en idade escolar antes de saír para os seus respectivos centros educativos. O custo das máscaras nunha familia pode ser moi alto e pode resultar case inasumíbel para familias que precisamente pola COVID-19 ou mesmo xa desde antes da crise, atravesaran unha situación económica delicada. É por iso necesario que o Goberno español reduza o tipo de IVE sobre estes produtos sanitarios básicos e que, inclusive, se estabeleza a posibilidade de que puidesen ser cubertos pola Seguridade Social, cando menos no caso de persoas con dificultades económicas para poderen asumir a súa adquisición. Por todo o Grupo Municipal do BNG de Foz solicita do pleno do Concello a aprobación de propostas como instar ao Goberno do Estado e a Xunta de Galiza a garantir que todas as persoas teñan acceso de forma universal aos medios de protección, instar ao Goberno do Estado para reducir o tipo do IVE das màscaras faciais ao 4% superreducido xa que, ademais, agora son obrigatorios para toda a poboación. E finalmente instar a Xunta de Galiza a facilitar en todo caso o acceso a este material a aqueles usuarios con dificultades económicas, e que o Servizo Galego de Saúde asuma estes gastos no caso de persoas con dificultades económicas

Exit mobile version