Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova xornada de Coida Cervo

 Cervo, 8 de outubro, 2020. A acción de concienciación ambiental levouse a cabo este xoves na zona da Veiga, en concreto na contorna do IES Marqués de Sargadelos e do novo vial que conecta o Centro de Saúde coa zona de Galdín.

Tratouse dunha nova iniciativa de voluntariado de recollida de lixo enmarcada no programa Coida Cervo, impulsado desde as delegacións de Medio Ambiente e Ecoloxía, do Concello de Cervo.

Nesta ocasión recolléronse uns 20 quilogramos de refugallos, entre os que destacan varios cubrebocas, cabichas, latas e envases.

Desde o Concello, con esta iniciativa aberta á veciñanza e que se realizará como mínimo dúas veces ao mes, queren poñer o foco na importancia de respectar a nosa contorna con simples hábitos no noso día a día, que non supoñen esforzo e cos que, sen dúbida, gañamos toda a cidadanía.

Exit mobile version