Viveiro, 22 de outubro de 2020. O Concello de Viveiro informa que, no día de hoxe, se publicou a resolución de nomeamento do tribunal designado no proceso para a selección de dous administrativos funcionario interino por acumulación de tarefas e de citación dos seus membros, o dia 28 de outubro, para a súa constitución e a elaboración do listado de admitidos e excluídos no proceso.
O nomeamento de persoal funcionario interino por exceso ou acumulación de tarefas establecese con carácter excepcional e circunstancial por un máximo de seis meses dentro dun período de 12. A acumulación de procementos pendentes no servizo de contratación conlevou ao inicio do referido proceso selectivo, procedéndose á súa convocatoria o 10 de marzo de 2020.
A convocatoria deste proceso selectivo publicouse no BOP de Lugo o 12 de marzo de 2020. Catro días despois decretouse o Estado de Alarma, suspendéndose os prazos administrativos, o que levou á suspensión deste procedemento ata o día 1 de xuño.
En cumprimento do establecido na normativa estatal de aplicación á administración local, os servizos de carácter administrativo deste concello viñeron desempeñándose nun primeiro momento de forma telemática na súa totalidade e con posterioridade compaxinando o traballo telemático co traballo presencial.
Esta modalidade de traballo permitiu que algúns traballadores doutros departamentos puidesen colaborar na tramitación dos expedientes que se atopaban pendentes no servizo de contratación, cuestión que con anterioridade non resultaba posible polo día a día do traballo presencial.
Esta colaboración fixo posible a tramitación dunha gran cantidade de procedementos de licitación, por ese motivo, dende o goberno municipal paralizouse temporalmente este proceso para valorar se coa modificación destas circunstancias resultaba necesario continuar coa súa tramitación, xa que está dirixido única e exclusivamente ao servizo de contratación.
Tras valorar a evolución da situación, decidiuse continuar coa súa tramitación e, desta maneira, proceder á selección de dous administrativos funcionarios interinos por acumulación de tarefas.