Site icon Crónica3.com A Mariña

Nas inmediacións da praza de abastos de Ribadeo desenvólvese o tradicional Mercado das Flores ata este sábado

Moitas son as persoas que se achegan a algún dos catro postos dos produtores locais, que alí se atopan instalados, para mercar as flores e os centros para Todos os Santos e Defuntos coas que despois adornarán os panteóns e os nichos dos seus seres queridos. O Mercado das Flores está aberto entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Exit mobile version