Madrid, 8 de outubro de 2020. Galicia en Común vén de presentar unha iniciativa no Congreso dos Deputados para coñecer a situación de proxectos vinculados a máis dunha vintena de estradas da provincia de Lugo.
Así, o voceiro da formación na Cámara Baixa, Antón Gómez Reino, pregúntalle á Dirección General de Carreteras, entre outros, pola situación de diversos proxectos como os tramos da A-56 entre Taboada, Narón e Guntín así como entre San Martiño e o enlace de Barrela.
O grupo parlamentario tamén quere coñecer a situación administrativa do proxecto de ampliación dos cauces afectados pola A-8 no termo municipal de Mondoñedo, así como do sistema de protección antinéboa no tramo Mondoñedo-A Xesta. Tamén se solicita información sobre a mellora da seguridade vial na glorieta sita no punto quilométrico 513,67 en Outeiro de Rei, o proxecto para a adecuación de túneles na provincia de Lugo ou os tramos da A-74 entre Foz e Burela ou entre Barreiros e Foz