Site icon Crónica3.com A Mariña

Gómez Reino: os orzamentos do Estado melloran en 54 millóns de euros os investimentos na provincia de Lugo

 Compostela, 31 de outubro de 2020.- O voceiro de Galicia en Común no Congreso, Antón Gómez Reino, valorou hoxe os investimentos para a provincia de Lugo que veñen recollidos no proxecto de Presupuestos Generales del Estado para o vindeiro ano 2021 e que ascenden a 114 millóns de euros.

A mellora da vertebración interior é un dos eixos destes orzamentos “cos que rachamos definitivamente coa austeridade e apostamos polo investimento público para saír da crise derivada do coronavirus”, sinalou o deputado Antón Gómez Reino. Por iso se destinan 35 millóns na renovación da liña Monforte-Lugo ou 3 millóns na estación da capital lucense.

Cómpre destacar tamén a aposta pola A54, a autoestrada que conecta Lugo con Compostela, e na que se destinarán 26 millóns de euros para o tramo entre Arzúa e Melide e outros 11 para o tramo entre Melide e Palas de Rei, xa na provincia de Lugo.

O goberno central ten tamén en conta futuras actuacións na Rede de Estradas da provincia, adicando unha partida para redactar os proxectos dos tramos entre San Cibrao e Burela; Barreiros-O Carme; O Carme-Foz e Foz- Burela, na autovía da Mariña A74 e o proxecto entre Monforte de Lemos e Babela, na A76.

Exit mobile version