O concurso consistía en sacar un selfie relacionado co lema da SEM deste ano “Por unha Mobilidade sen emisións”, subilo a Instagram e etiquetar a Medio Ambiente do Concello de Burela. A edil Toñi Eijo explicou que “entre todos os selfies que nos etiquetaron realizouse un sorteo e o premiado foi Jacobo Varela, que recibiu un vale por importe de 100 euros para cear nun local de hostelería de Burela”. A encargada de facerlle entrega do agasallo foi a concelleira de Medio Ambiente.