Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves no mercado de San Cibrao estivo instalado o punto rosa da Loita Contra o Cancro de Mama, froito dunha colaboración da concellería de Sanidade coa AECC

O Concello de Cervo mantén ademais iluminados de rosa ata este venres os edificios públicos con motivo do Día Mundial de Loita Contra o Cancro de Mama, como apoio a todas as mulleres que padecen esta enfermidade, e tamén ás súas familias. A iluminación está instalada na Casa do Concello, na Casa da Cultura, na ruínas da fábrica de Salgadura e nas Escolas Vellas de Cervo.

Exit mobile version