Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Isidro Otero S.L. por un importe próximo aos 44.000 euros, cun prazo estimado de execución de 2 meses.
A actuación de Augas de Galicia busca resolver os problemas actuais, a causa da orografía en pendente neste núcleo de poboación, que impiden realizar unha conexión adecuada das acometidas das vivendas próximas, e dotar de servizo de evacuación de augas residuais.
As obras incluídas neste proxecto consisten na instalación de 300 metros de tubaxe, así como a reposición de acometidas e modificado do trazado. Ademais, modificarase o trazado de colector de saneamento e colocaranse dúas arquetas de entronque.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén o apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan prestar de xeito eficiente os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.