O rexedor municipal explica que se toma “este pequeno respiro dunha semana despois de case ano e medio de alcalde, no que a nosa forma de vida mudou completamente. Aproveitarei para atender asuntos persoais pendentes, pero vou permanecer no concello estes días, polas limitacións de movemento pero tamén por responsabilidade. Agora mesmo é imposible desconectar da actualidade, así que o descanso será moi limitado”.
Fran Cajoto aproveita para recordar que “en Foz continuamos en nivel 1 de alerta por Covid pero coas nosas actividades e reunións limitadas a 5 persoas non conviventes. Hai que ser responsable, se algo teño que dicir deste ano e medio na Alcaldía é do satisfeito que me sinto do bo comportamento e disposición da gran maioría das veciñas e veciños: usade sempre mascarilla e evitade na medida do posible os contactos interpersoais”.