Viveiro, 1 de outubro de 2020. A Policía Local de viveiro informa de que o pasado sábado, en torno ás 11 da noite, unha patrulla detectou a presenza de dous condutores que sufriran un accidente de circulación na estrada LU539 (Variante de Viveiro).
Ao sometelos ás probas de alcoholemia, un dos condutores arroxou un resultado positivo, de 1.16 mg/l de aire expirado, polo que se procedeu á apertura de dilixencias penais por un delito contra a seguridade vial, por conducir un vehículo a motor con taxa superior á permitida.
Os feitos ocorreron cando o condutor, agora investigado, circulaba co seu vehículo en dirección hacia Lugo, procedente de Covas, e no transcurso da Variante invadíu o carril destinado á circulación de vehículos no outro sentido, chegando a colisionar cun raspado contra outro vehículo, danándose os espellos retrovisores. Non houbo que lamentar vítimas persoais. O axentes inmovilizaron o vehículo.