Site icon Crónica3.com A Mariña

A exposición Don Ricardo de Fingoi homenaxea a Carvalho Calero en Foz

 Foz, 30 de setembro, 2020. Foron quince anos os que D. Ricardo Carvalho Calero residiu en Lugo, se ben antes, e especialmente despois, tivo importante relación coa cidade. Foron 30 anos dende o seu pasamento para que finalmente a RAG decidira adicarlle un merecidísimo día das Letras Galegas. E cando por fin se lle dedica a agardada homenaxe, aparece a pandemia adiandose mesmo a celebración das Letras Galegas. Pero sen esquecer o moito que se lle debe, a Concellería de Normalización Lingüística de Foz coa colaboración do Colectivo Egeria de Lugo, faise voceiro de ducias de crianzas da súa etapa lucense para destacar o seu vencello coa cidade, e o impacto que Lugo e as súas xentes produciron no profesor e escritor. Tamén em Foz com residencia estival durante anos.
Nado en Ferrol en 1910, con vinte e un anos, remata brillantemente a carreira de Dereito, Posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras, a súa primeira vocación. Membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborador de “Nós”, publicou en 1928 o seu primeiro poemario, inicio dunha fecunda xeria de literatura e estudos lingüisticos do noso idioma. A sua traxectoria quedou em pausa co golpe de estado do 1936. En 1950 chega a Lugo para poñer en marcha un especial proxecto educativo, ao que se dedicará en corpo e alma. O resumo desa estadía está incluído nesta exposición “Don Ricardo de Fingoi” realizada polo Colectivo Egeria.
Un amplio programa de celebracións para celebrar a inmensa obra do Prof Carvalho Calero, que se conmemorará este ano o día 31 de outubro, estaba pendente de desenvolver po lo Concello de Foz, mais quedará limitado po la situación sanitaria. Con todo, e co debido control estará disponible esta magnífica exposición a partires do 05 de outubro no CENIMA en Foz. A exposición de Foz permitirá tamén conmemorar o día Europeo das Linguas. Esta homenaxe é para o que foi unha voz clara coa que partillamos por que como decía o Profesor Carvalho Calero: hai que esperar contra toda esperanza. Porque mentres non decidamos suicidarnos como povo temos que confiar na posibilidade de rectificar a historia e a historia, por suposto, ten que ser rectificada. Esperanza que aplicamos a situación da Fábrica de Aluminio da Mariña, e unha rectificación que bem podía efectuar a RAG e a Xunta de Galiza ampliando o ano Carvalho Calero ao 2021.

Exit mobile version