O mandatario provincial, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, explicou que con esta axuda a Deputación financia gastos imprescindibles para o funcionamento deste centro, como o servizo de limpeza, electricidade e auga.
José Tomé puxo en valor o traballo que desenvolve dende hai 23 anos a Fundación Eu Son e enmarcou a colaboración da Deputación con este colectivo no seu compromiso coas políticas públicas que favorezan a integración social e laboral, e a mellora do benestar e da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual.
A Fundación para a Protección de Persoas con Discapacidade Intelectual naceu en 1997 da unión do Concello de Burela e a asociación de pais Camiña debido á carencia dun servizo que atendera profesionalmente a persoas con discapacidade intelectual na Mariña.