Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación achega 114.000 ao Concello do Valadouro para varias actuacións

Lugo, 30 de outubro, 2020. A Deputación achega 114.000 ao Concello do Valadouro para varias actuacións. Son a adquisición de bombas de recirculación de auga para a piscina municipal, a adecuación dun inmoble para o uso de centro de día e a elaboración dun proxecto de construción de vivendas en Ferreira do Valadouro. A previsión inicial é construír 22 vivendas, nun edificio que terá un soto con 22 prazas de garaxe, 22 trasteiros, planta baixa con locais comerciais, 3 alturas e 1 planta baixacuberta. Os prezos das vivendas estarán regulados e serán asequibles, co obxectivo de facilitar ao máximo o acceso ás mesmas.

Exit mobile version