A edil Noelia María Ben explica que “a asesora xurídica ocuparase da atención técnica especializada no ámbito de estranxeiría e o mediador intercultural que traballará en coordinación con diferentes entidades e colectivos de ámbito social, educativo, sanitario, cultural… da localidade”.
A concelleira, a asesora xurídica e o mediador intercultural están a manter encontros con diferentes colectivos “para abordar as necesidades existentes e programar as actuacións que se poderán levar a cabo”. As últimas xuntanzas tiveron lugar con responsables dalgúns centros de ensino como o Ceip Vista Alegre e o IES Monte Castelo”.
Estas incorporacións de persoal ao Programa de Atención a Inmigrantes son cofinanciadas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.