Viveiro, 19 de setembro de 2020. Por Viveiro presenta ao vindeiro pleno municipal:
ROGOS:
1. A Casa da Cultura de Viveiro, conforme a acordo, situada en Lodeiro, para mais indicacións, no antigo Centro Comarcal, ten no seu interior, e visible dende a fachada exterior, unha morea de caixas de cartón, que entorpecen a visibilidade. E por isto que rogamos ao Goberno Municipal que nos informe a que se debe esta situación, así como cando ten pensado o poñer en funcionamento a Casa da Cultura de
Viveiro.
2. En Xunqueira, o río, volve a estar cheo de maleza, o que pode provocar situacións de novas inundacións na zona. Por isto, rogamos ao equipo de Goberno que poña fin a esta situación, dado que este tramo do Río, enténdese conforme as indicacións de Augas de Galicia, que é de responsabilidade Municipal.
3. Una zona do Camiño Real de Vieiro, dende a Estacada ata a Escola de Vieiro, leva anos sen asfaltar e sen preparar. Cando ten o Goberno Municipal, pensado solucionar esta situación?.
4. Na Rúa Díaz Freijo, debido a concentración de golondrinas nos cables da luz, as rúas están cheas de excrementos e leva meses sen limpar. E por isto que rogamos ao Goberno Municipal que se proceda á súa limpeza a fondo.
5. No pleno do pasado mes de agosto aprobouse unha moción para activar a aprobación de PXOM e a convocatoria de reunións mensuais de seguimento, reunión que mes e medio despois segue sen convocarse, por isto rogamos ao Goberno Municipal que proceda á súa convocatoria.
Bernardo Fraga Galdo