Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di aos socialistas que a verdadeira reconstrución na Mariña é que o PSOE non peche Alcoa

Lugo, a 1 de setembro de 2020. Os socialistas lucenses seguen instalados na súa política de xerar confusión en todo o que ten que ver con Alcoa, unha empresa indispensable para a Mariña e para Lugo, e, en xeral, coa industria da provincia. A presidenta provincial do PP, Elena Candia, deputada autonómica, recoñece que a secretaria provincial do PSdeG, Patricia Otero, consigue rizar o rizo coa súa demanda á Xunta dun plan de industrialización para a comarca da Mariña. Como é posible, se pregunta Candia, que os socialistas lucenses teñan a desvergonza política de reclamar planes industriais para A Mariña despois do seu probado desinterese e falta de capacidade para manter e impulsar aos motores industriais de Lugo. Neste sentido recorda o peche de Endesa-As Pontes. Os populares aseguran que a verdadeira reconstrución da Mariña é que o PSOE non peche Alcoa. Recordou o afirmado polo presidente Feijóo, en canto a que é incompatible falar de reconstrución e a vez deixar caer empresas que supoñen miles de postos de traballo.

A Xunta, resalta a presidenta provincial do PP, ten sobradamente reiterando o seu compromiso de formar parte da solución. Como xa ten dito o goberno galego, é necesario traballar todos xuntos ante un obxectivo común: manter a actividade industrial na Mariña e salvar os mil empregos que están en xogo só en relación con Alcoa.

Nesa liña, Elena Candia recorda que a Xunta, no caso de Alcoa, ofrece a súa máxima colaboración na tramitación administrativa e o asesoramento técnico para facer realidade o novo proxecto, ademais de poñer sobre a mesa mecanismos de financiación, como os préstamos participativos. Defende que  Alcoa e Liberty House deben seguir dialogando para axilizar a negociación e alcanzar un acordo de compra-venda; Liberty House debe fixar un plan industrial e financeiro, cun cronograma detallado da súa proposta.

E ao Goberno de Pedro Sánchez lle toca concretar un prezo eléctrico competitivo, un marco enerxético que achegue estabilidade á planta de San Cibrao, pero tamén a toda a industria electrointensiva galega. Para iso é preciso que aprobe o Estatuto para consumidores electrointensivos, destine o máximo orzamento que permita a UE ás compensacións por custos indirectos de CO2 e que defina
o novo sistema de xestión da demanda que substitúa á poxa por interrompebilidade. O Goberno ten que comprometerse a avaliar que proxectos do plan industrial de Liberty poden optar ao Fondo Europeo de Recuperación.

Os populares destacan unha vez máis que o problema de Alcoa, e polo tanto, da Mariña, non é de índole industrial, senón enerxética, e a enerxía é competencia do Goberno central, é dicir, dos socialistas. A presidenta provincial do PP recorda á secretaria do PSdeG de Lugo que a disparatada política de transición enerxética do Goberno provoca en Lugo problemas tan graves como o peche de Endesa-As Pontes. O radicalismo medioambiental dos socialistas constitúe un grave problema para Lugo.

O PP lucense, sinala Elena Candia, mantén o seu firme compromiso de apoio e defensa de Alcoa-San Cibrao, de respaldo aos seu traballadores e a toda a comarca de a Mariña. Como parte de ese compromiso reitera que os populares queren ser parte da solución. E iso mesmo piden ao PSdeG: que colabore e deixe de enredar co futuro industrial e económico de A Mariña e de Lugo. Os socialistas teñen outra oportunidade para deixar de seguir na mentira en todo o que ten que ver coa industrialización da Mariña.

No PP indican que o Plan Estratéxico de Turismo permitirá duplicar a inversión en promoción turística da comarca a través do xeodestino, e que A Mariña recibirá aproximadamente o 20% das aportacións da PAC, que para a provincia totalizan 30 millóns.

Exit mobile version