Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro mantén unha reunión de organización coas responsables dos centros educativos

 Viveiro, 7 de setembro de 2020. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o concelleiro de Educación, Emilio Villarmea, mantiveron hoxe unha reunión de organización coas directoras dos colexios de Infantil e Primaria e a directora da escola infantil municipal.

Aínda que as competencias en materia de educación son da Xunta de Galicia, o concello encárgase das tarefas de limpeza e do servizo de conserxería, polo que no concello queren unha coordinación constante cos centros.

“Reforzaremos o servizo de limpeza e desinfección dos centros para reducir o risco de contaxio, estamos a disposición dos centros para comezar o curso nas mellores condicións posibles”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Os conserxes recibirán ademais formación específica sobre temas relacionados co coronavirus.

A reunión desta mañá desenvolveuse nun ambiente de máxima colaboración e o concello estará en contacto permanente cos responsables dos centros.

Exit mobile version