Os traballos, realizados pola Deputación a indicación do concello, comezaron no mes de xullo. O Concello acomete diferentes actuacións de mellora que se prolongarán ata finais de mes en viais do municipio e rotondas, ademais doutros traballos dirixidos a mellorar o tráfico de vehículos e peóns. Varios camións da Deputación están traballando en Viveiro a disposición do Concello para adecentar diversas zonas.