Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro felicita aos cinco viveirenses clasificados para o Campionato de España de Surf, que se celebrará en Valdoviño este fin de semana, e deséxalles o mellor dos resultados posibles nesta competición, convencidos de que poder participar nunha proba a ese nivel é xa un motivo de orgullo e recoñecemento

“A David Guerreiro, Claudia Prieto, Jorge Guerreiro, Lucía Martínez e Chumi García a nosa máis sincera noraboa por chegar ata aí e os nosos mellores desexos para esta fin de semana”, afirma a alcaldesa, María Loureiro. O concello quere aproveitar a ocasión, así mesmo, para felicitar a Alex Seoane e Uxío Rodríguez polo seu gran traballo como profesores e agradecer a súa labor como responsables do club, por potenciar este deporte no concello e levar o nome de Viveiro a competicións deste nivel.

Exit mobile version