En concreto, o obxectivo do curso é a formación de persoas técnicas especializadas en compostaxe de residuos orgánicos. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro martes 15 ás 08:00 da mañá.
O curso, proposto inicialmente coma presencial, desenvolverase a través de videoconferencias debido ás medidas para o control da COVID-19. As prácticas e visitas realizaranse mantendo todas as recomendacións sanitarias.
As sesións servirán para formar a persoas desempregadas, preferentemente mulleres menores de 35 e maiores de 45, e preparalas para os próximos anos, nos que os municipios terán que separar a fracción orgánica dos seus residuos municipais e xestionalos principalmente mediante compostaxe.
A temática que se desenvolve nos cursos abordará o ciclo completo da xestión da fracción orgánica dos residuos, de forma que os técnicos formados poderán realizar labores como a posta en marcha e asesoría a participantes en programas de compostaxe individual; actividades de promoción da compostaxe, incluíndo campañas educativas para todo tipo de público; xestión de agro-compostaxe; xestión de centros de compostaxe comunitaria, e labores auxiliares en plantas de compostaxe.